martes. 16.07.2019 |
El tiempo
martes. 16.07.2019
El tiempo

Desconvocada a folga en Atención Primaria

O comité asegura que o Sergas aceptou "todo" o reivindicado para frear a mobilización

O comité de folga de Atención Primaria, no que están representados a Coordinadora e seis centrais sindicais –UXT, CIG, CSIF, CESM, CC OO e O'Mega–, acordou desconvocar a folga dos días 9, 10 e 11 de abril ao "aceptar" o Servizo Galego de Saúde (Sergas) "todo" o reivindicado para frear a mobilización. 

Así o confirmaron a Europa Press fontes do comité de folga e do Sergas após o encontro celebrado entre as 11.00 e as 15.30 horas con recesos polo medio. 

En concreto, o Sergas aceptou crear un Consello técnico de Atención Primaria, no canto da mesa de diálogo, na que estarán representadas unhas 40 persoas de sindicatos, sociedades científicas e profesionais, colexios médicos e outras entidades do ámbito sanitario galego, destacaron fontes do comité. 

Tamén acordaron convocar mesa sectorial de sanidade o 26 de abril no que se "aprobará a orde para regular este Consello", abundaron. Pediron a convocatoria da primeira reunión deste novo órgano en maio. "Para nós é importante que recollan as funcións do Comité", apostilaron. 

Outros aspectos aceptados polo Sergas, destacou o comité de folga, inclúen "definir as competencias" de Atención Primaria e Atención Hospitalaria e o "compromiso de dotar presupuestariamente todos os acordos". "Recoñecen a necesidade de que hai que mellorar as condicións de Atención Primaria", sentenciaron. 
 

Desconvocada a folga en Atención Primaria
Comentarios