Despregado un amplo operativo antidrogas na Coruña

Axentes da Policía Nacional actuaron na zona das casas de San José da cidade hercúlea

Varios agentes de Policía supervisan el barrio de San José de A Coruña con un perro. CABALAR (Efe)
photo_camera Varios agentes de Policía supervisan el barrio de San José de A Coruña con un perro. CABALAR (Efe)

A Policía Nacional está a desenvolver desde este martes unha redada antidroga cun amplo despregamento policial nas vivendas de San José, na Coruña, nun tramo comprendido entre a rotonda de Meicende e a avenida Finisterre, cuxos accesos se atopan cortados.

"A Policía Nacional está a xestionar un operativo que busca actuar ante un punto de venda de droga na zona", confirmaron a Efe fontes da Policía Nacional.

Aínda se descoñece se houbo algún detido e a cantidade de droga que foi incautada polos axentes.

A Asociación Cidadá de Loita Contra a Droga da Coruña (Aclad) alertara en diversas ocasións de que estas vivendas levaban anos sendo "un punto negro de compravenda de estupefacientes".

Comentarios