lunes. 06.04.2020 |
El tiempo
lunes. 06.04.2020
El tiempo

Destrúen os máis de 2.800 quilos de material almacenado na pirotecnia de Tui

Axentes da Garda Civil nas instalacións da pirotecnia La Gallega. EFE
Axentes da Garda Civil nas instalacións da pirotecnia La Gallega. EFE

Ao longo da fin de semana tiveron lugar diferentes explosións controladas no interior dunha canteira

A Garda Civil concluíu os traballos de destrución dos máis de 2.800 quilos de material pirotécnico almacenado nas instalacións de La Gallega, propiedade do dono da polvoreira ilegal que explotou en Paramos e que matou a dúas persoas e destruíu decenas de vivendas. Ao longo do fin de semana tiveron lugar diferentes explosións controladas no interior dunha canteira de Tui, segundo informaron fontes do instituto armado.

O desaloxo da Pirotecnia La Gallega atrasouse a finais de novembro por recomendación dos responsables dos Tedax, en vista da cantidade de material almacenado nestas instalacións, situadas na parroquia de Baldráns. Tras o desaloxo está previsto levar a cabo a demolición das casetas que hai nestas instalacións, o que está pendente do permiso da Xunta para retirar o amianto, segundo detallou entón o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín. 

Destrúen os máis de 2.800 quilos de material almacenado na...
Comentarios