Detectan tres novos brotes que suman 13 casos en Vilamarín, Pereiro de Aguiar e Ourense

Todos ellos se han desarrollado en el ámbito familiar
Prueba para detectar o coronavirus. ARQUIVO.
photo_camera Prueba para detectar o coronavirus. ARQUIVO.

As autoridades sanitarias informaron este luns da detección de tres novos brotes de Covid-19 na provincia de Ourense, concretamente na capital provincial, en Vilamarín e en Pereiro de Aguiar, que suman, entre todos, 13 casos

En concreto, o máis grande é o brote detectado en Vilamarín, de orixe familiar, e que afecta a seis casos: dous homes de 65 e 41 anos, tres mulleres de 59, 34 e 31 anos e un menor. Todos están xa en illamento e continúase co seguimento dos seus contactos. 

Por outra banda, hai tres casos activos derivados dun novo brote familiar en Pereiro de Aguiar, que afecta a unha muller de 45 anos -ingresada no Hospital de Ourense-, a un home de 66 e a unha muller de 68. 

Finalmente, detectouse un novo brote familiar na cidade de Ourense, con catro casos positivos: unha muller de 50 anos e tres homes de 57, 23 e 83 anos.

NOVOS CASOS. Ademais, o seguimento de contactos estreitos dos casos do brote de Mariñamansa, en Ourense, permitiu detectar un novo positivo nun home de 53 anos, polo que o brote ascende a 22 casos. 

Así mesmo, o brote detectado en O Carballiño tras unha reunión de amigos ascende a 12 casos tras tres novos diagnósticos, dúas mulleres de 39 e 52 anos e un home de 29. 

Tamén sobe nun caso -un menor- o brote familiar detectado hai uns días no Concello de Ourense, que conta con sete afectados, mentres que o de Quins rexistra catro positivos tras a proba positiva dun home de 39 anos. 

Ao longo deste luns realízase o cribado preventivo de todos os residentes e persoal da Residencia Santiago Apóstolo de Vilamarín, tras rexistrar un positivo nun coidador. O cribado realizado anteriormente neste centro e nas residencias de Arnoia e Vilar de Barro arroxou resultados negativos a Covid-19.

Comentarios