lunes. 20.09.2021 |
El tiempo
lunes. 20.09.2021
El tiempo

Detida a parella da muller achada morta en Lugo

Snap asesino As Gándaras
O presunto asasino, no momento da detención. VICTORIA RODRÍGUEZ
Arrestárono pasadas as sete da tarde deste sábado no domicilio dos seus pais, que está moi preto da casa da vítima  ►Está acusado de homicidio, violencia de xénero e violencia doméstica

VícitmaA Policía Nacional detivo como presunto autor do crime á parella da muller que apareceu morta o pasado venres pola noite no seu domicilio da Rúa Ferradura, no barrio das Gándaras.

A detención levouse ao cabo pasadas as sete da tarde no domicilio dos pais do presunto homicida, que se atopa moi preto do da vítima.

Segundo informa a Policía Nacional, está acusado dos delitos de homicidio, violencia de xénero e violencia doméstica.

O caso está baixo secreto de sumario, decretado polo xulgado de instrución número 2 de Lugo.

ACHADO. A Policía recibiu o aviso ao redor das dez da noite do venres por parte da nai da vítima. A porta da vivenda da falecida non estaba forzada, polo que en principio descartouse a hipótese do roubo. Aínda que nos primeiros compases da investigación non se descartou ningunha posibilidade, como que puidese tratarse dun suicidio, parece que as pescudas confirmaron que estamos ante outro crime machista.

Axentes do citado corpo estiveron tomando declaración na tarde deste sábado a veciños, familiares e achegados da vítima.

Exterior do edificio das Gándaras no que se atopou o corpo da muller EP

Detida a parella da muller achada morta en Lugo