martes. 21.01.2020 |
El tiempo
martes. 21.01.2020
El tiempo

Deteñen en Caldas dous veciños de Lugo con máis de 2.000 doses de cocaína

Cocaína e diñeiro interceptado. GARDA CIVIL PONTEVEDRA
Cocaína e diñeiro interceptado. GARDA CIVIL PONTEVEDRA
Foron interceptados nun control de estrada coa droga oculta no interior do vehículo no que viaxaban

A Garda Civil detivo dous veciños de Lugo por un delito contra a saúde pública, por tráfico de drogas, ao ser interceptados con algo máis de 2.000 dose de cocaína nun control de estrada rexistrado en Caldas de Reis.

A detención levou a cabo a pasada fin de semana no marco dun dispositivo operativo conxunto realizado nas vías públicas das comarcas do Salnés e Caldas no que participaron efectivos de seguridade cidadá da Compañía da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa e do Subsector de Tráfico da Comandancia de Pontevedra.

No transcurso dun dos controis que se realizaron na zona de Caldas de Reis procedeuse á detención de dous veciños de Lugo, de 22 e 44 anos, que foron interceptados con 2.200 doses de cocaína oculta no interior do vehículo no que viaxaban.

Os dous ocupantes do vehículo foron detidos por un suposto delito contra a saúde pública, na súa modalidade de tráfico de drogas e, ademais, incautóuselles o vehículo e unha importante cantidade diñeiro.  

Os arrestados, xunto coa droga, o vehículo e o diñeiro intervido, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Caldas de Reis, que decretou a súa liberdade provisional con cargos.

Deteñen en Caldas dous veciños de Lugo con máis de 2.000 doses de...