Deteñen un home de 23 anos nos Blancos cando iniciaba un incendio

No momento do arresto, o mozo intentou agredir aos axentes 

Un coche de la Guardia Civil. AEP
photo_camera Un coche da Gardia Civil. AEP

Axentes do Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil (Seprona) detiveron, no marco da denominada operación Agalladeira II, un mozo de 23 anos, veciño do concello ourensán dos Blancos, tras sorprendelo mentres iniciaba un incendio. 

Segundo informou a Comandancia de Ourense, os axentes observaron ao mozo, C.S.Q, de 23 anos de idade, ao redor das catro da tarde, plantando un lume no lugar de Nocedo de Ribeira.

Cando procederon a interceptalo, afirman que "intentou agredir os axentes", motivo polo cal se enfronta agora a un delito de atentado a axentes da autoridade e dezaseis delitos de incendio forestal. 

A Garda Civil atribúelle 16 incendios forestais rexistrados entre os meses de xaneiro e xuño nos concellos dos Blancos, Baltar e Xinzo de Limia, todas na provincia de Ourense, nos que resultaron afectadas en total 3,75 hectáreas, tanto de monte arboledo como raso. 

As dilixencias por estes feitos foron remitidas ao xulgado de instrución de Xinzo de Limia.

Comentarios