miércoles. 14.04.2021 |
El tiempo
miércoles. 14.04.2021
El tiempo

Detida unha parella en Lugo por maltratar supostamente o seu bebé de dous meses

Efectivos de Urbaser retirando lixo da vivenda. FOTOS: SEBAS SENANDE
Efectivos de Urbaser retirando lixo da vivenda. FOTOS: SEBAS SENANDE
Os pais levaron ao neno ao Hula e os sanitarios observaron signos de violencia física. Quedaron libres con orde de afastamento

A Policía Nacional detivo o pasado luns na capital lucense unha parella por maltratar supostamente o seu bebé, de tan só dous meses de idade, que permanece hospitalizado.

As alarmas por este presunto caso de malos tratos infantís saltaron o venres, cando os proxenitores levaron ao pequeno ao servizo de Urxencias de Pediatría do Hula e os sanitarios observaron signos evidentes de violencia física.

Ante a posibilidade de que o bebé sufrise algún tipo de maltrato no ámbito doméstico, o persoal sanitario activou o protocolo de actuación para estes casos e puxo os feitos en coñecemento do xulgado de Instrución número 1 de Lugo.

A maxistrada ordenou limpar o piso da parella, xa que acumulaba tanto lixo que era un foco de infección para os veciños

A maxistrada abriu inmediatamente unha investigación e os primeiros indicios apuntaron a que as múltiples lesións que presentaba o bebé poderían ser provocadas polos seus propios pais, polo que a Policía Nacional procedeu ao arresto da parella, que foi trasladada aos calabozos da comisaría.

Finalmente, os dous detidos, ambos de nacionalidade española e duns 30 anos de idade, foron trasladados este martes pola tarde á sede xudicial de Armán Durán. Tras ofrecer a súa versión sobre a orixe das lesións que presentaba o pequeno -en presenza dos seus respectivos letrados-, a xuíza deixounos libres con orde de afastamento do pequeno.

Lixo acumulado nunha das estancias da vivenda onde vivía a parella co seu bebé. SEBAS SENANDEO bebé, pola súa banda, continúa ingresado na unidade de Neonatos do Hula con lesións graves, que inclúen un desprendemento de retina. O pequeno presentaba multitude de contusións, hematomas e arañazos por todo o corpo, aínda que se atopa estable e evoluciona favorablemente.

SUCIDADE. A xuíza ordenou tamén a limpeza do domicilio dos detidos no cuarto piso do número 23 de Irmáns Carro-, xa que se atopaba completamente inhabitable e representaba un risco extremo para a salubridade dos demais veciños do edificio.

Inicialmente, desde o Concello enviaron á vivenda ao persoal dunha empresa de limpeza, pero o estado de abandono e sucidade que presentaba o inmoble era de tal calibre que solicitaron a intervención de Urbaser. Actuou tamén a Policía Local.

Un operario da empresa desprazouse entón ata a vivenda á primeira hora da tarde deste martes para realizar unha inspección e confirmou que constituía un posible foco de infección para a veciñanza. Ao longo da tarde sacáronse do piso aveños e gran cantidade de lixo acumulado.

Detida unha parella en Lugo por maltratar supostamente o seu bebé...
Comentarios