Lunes. 20.05.2019 |
El tiempo
Lunes. 20.05.2019
El tiempo

Detido por acoitelar a súa ex en Lalín en presenza do fillo de ambos

El cuartel de la Guardia Civil de Lalín
El cuartel de la Guardia Civil de Lalín

Os feitos ocorreron na parroquia de Goiás

A Garda Civil investiga a agresión dun veciño a súa exmuller en Lalín no que podería ser un novo caso de violencia machista.

Segundo informa a TVG, o home, que foi detido, asestoulle varias coiteladas a súa ex ás portas da súa casa, na parroquia de Goiás. 

Varias testemuñas apuntaron que a muller chegaba en coche a recoller ao fillo de dez anos que tiñan en común, que presenciou o sucedido e axudou á súa nai a repeler o ataque. 

O home tratou de acoitelar a súa ex a través do portelo do vehículo. A muller, que puido fuxir, foi atendida no centro de saúde de Lalín, mentres que o arrestado está á espera de pasar a disposición xudicial.

Detido por acoitelar a súa ex en Lalín en presenza do fillo de ambos