Detido un coruñés tras incumprir por quinta vez as normas de confinamento

O home, de 32 anos, foi interceptado a catro quilómetros da súa casa
Proc/JFIF/EFE-Calidad:Excelente
photo_camera A Avenida de Alfonso Molina, na Coruña. EFE

Axentes da Policía Local da Coruña detiveron a un veciño de 32 anos que foi interceptado cando incumpría por quinta vez as normas de confinamento derivadas do estado de alarma.

Segundo informou a Policía Local, os axentes sorprenderon ao home paseando pola avenida Pedro Barrié da Maza "sen causa xustificada" a máis de catro quilómetros de distancia do seu domicilio.

Os policía, que explica que o home asegurou que viña de "facer a compra" sen portar mercancía algunha, xa fora denunciado en catro ocasións anteriores por incumprir o confinamento. Ademais, fora detido o pasado 4 de abril.

Ante estas cuestións, foi arrestado por un delito de desobediencia grave reiterada á autoridade e aos seus axentes no exercicio das súas funcións, logo de pór en risco innecesario a saúde pública.

Comentarios