Detido un exbrigadista acusado de provocar sete incendios en Galicia

Os focos producíronse nun tramo da estrada que une Baltar cos Cuquexos

A Garda Civil detivo un extraballador de 22 anos da brigada municipal contra incendios do concello ourensán dos Blancos como presunto autor de sete lumes ocorridos entre os meses de agosto e outubro.

Segundo informaron fontes de Urxencias, os sete incendios serían "intencionados" e producíronse nun tramo da estrada que une Baltar cos Cuquexos.

A superficie afectada alcanzou as 9,2 hectáreas arboredos e 4 de monte raso, o que motivou a intervención de numerosos medios de extinción.

No momento dos incendios, esta persoa traballaba na brigada municipal extinción.

As dilixencias por estes feitos foron remitidas ao xulgado de instrución de Xinzo de Limia. 

Comentarios