Detido un galego nunha macrooperación contra a pedofilia a nivel nacional

En total a Policía Nacional arrestou a 40 persoas por intercambiar material pedófilo "de extrema gravidade

Operación contra la pedofilia. EFE
photo_camera Os detidos proveñen de 17 provincias españolas. EFE

A Policía Nacional detivo a corenta homes en 17 provincias nunha macrooperación contra unha rede acusada de intercambiar material pedófilo "de extrema gravidade" en Internet a través dunha plataforma de intercambio entre particulares (peer to peer), segundo informou o corpo nun comunicado.

Os integrantes da rede desarticulada teñen un elevado perfil técnico e entre os que se atopan profesores, enxeñeiros, empregados públicos ou autónomos, aínda que tamén desempregados e xubilados.

DETIDOS. Os arrestos producíronse en Alacante (5), Almería (1), Ávila (1), Barcelona (4), Lleida (1), Xirona (1), Cáceres (1), Córdoba (2), Granada (1), Guipúzcoa (1), Madrid (10), Málaga (2), Palma de Mallorca (2), Pamplona (1), Pontevedra (1), Valencia (4) e Biscaia (2).

Segundo o relato policial, a maioría dos detidos valíanse dun software específico para borrar os arquivos pedófilos e navegadores para acceder á dark web -a coñecida como internet profunda, menos accesible que a web habituais-.

Os axentes acharon nun tellado de Córdoba unha antena wifi de gran alcance instalada por un dos detidos, experto informático, para o uso fraudulento de conexións da súa contorna co fin de ocultar as súas actividades e dificultar a acción policial.

VÍTIMAS. En Alacante, un dos supostos integrantes da rede está acusado, ademais de distribuír material ilegal pola rede, de acosar a menores para conseguir imaxes de contido sexual que posteriormente editaba e subía a Internet.

Por estes feitos identificáronse catro nenas vítimas de acoso sexual.

Tamén nesa provincia arrestouse a dous irmáns que posuían e compartían gran cantidade de arquivos de contido pedófilo.

INVESTIGACIÓN. Nos 42 rexistros que se realizaron durante a operación os axentes incautáronse de numerosos computadores portátiles, máis de 100 discos duros, discos compactos e DVD nos que se almacenaban gigas de material pedófilo.

A Policía Nacional destaca que, segundo a categorización establecida polo proxecto Baseline de Interpol, os contidos eran de "extrema gravidade".

Os especialistas analizan estes materiais para determinar se ademais dun delito de produción de material pedófilo poderían existir abusos sexuais sobre menores por parte dalgún dos identificados, ou a existencia de conexións con outros pederastas cos que puidesen interactuar na rede.