Detido un ourensán por simular que lle roubaron o iPhone dous 'pitos amarelos'

A Policía acúsao de presentar unha denuncia falsa

Un disfraz de pollo. EP
photo_camera Un disfraz de pollo. EP

Un mozo foi detido en Ourense acusado de presentar unha falsa denuncia de roubo do seu teléfono móbil de madrugada por parte de dous individuos disfrazados de pitos amarelos, informou a Policía.

O detido, de 25 anos, acudiu o pasado 12 de febreiro a dependencias policiais de Ourense para denunciar que lle roubaron o móbil cara ás 6:30 horas da mañá por dous individuos disfrazados que o ameazaron.

Segundo a súa versión, mentres un o suxeitaba por detrás, subtraéronlle o seu teléfono móbil da marca Iphone valorado en 1.159 euros. 

Axentes policiais que investigaron o suposto roubo con violencia concluíron que nunca lle subtraeron o dispositivo, que ademais seguía utilizando.

Os axentes procederon posteriormente a localizalo e nun cacheo superficial acharon escondido entre a súa roupa o dispositivo polo que foi arrestado acusado de formular unha falsa denuncia e foi posto en liberdade posteriormente tras prestar declaración en dependencias policiais.

Comentarios