sábado. 24.10.2020 |
El tiempo
sábado. 24.10.2020
El tiempo

O detido pola morte do seu sobriño en Santiago permanece hospitalizado

Membros da Policía Científica na rúa Loureiros. XOÁN REY
Membros da Policía Científica na rúa Loureiros. XOÁN REY
Non lle constan antecedentes pero estaba a tratamento psiquiátrico

O home de 39 anos detido pola a morte, presuntamente por asfixia, do seu sobriño de tres anos a noite do luns en Santiago de Compostela permanece hospitalizado baixo custodia policial nun centro sanitario, mentres proseguen as investigacións policiais. 

 As pescudas apuntan a que "foi asfixiado polo seu tío materno". Así o confirmou este martes a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, en declaracións na Cadenaa Ser, nas que indicou que o detido atópase no hospital "á espera da valoración clínica do seu estado de saúde", así como da decisión da autoridade xudicial. 

A subdelegada trasladou as súas "condolencias" á familia do menor falecido. "Bríndome a colaborar e a dotar de todo o apoio", manifestou.

As pescudas lévanas a cabo a Policía Xudicial e a Científica da Comisaría da Policía Nacional de Santiago. Fontes consultadas por Europa  Press apuntaron que non lle constan antecedentes ao detido en relación á morte do menor, pero sinalaron que está a tratamento psiquiátrico. 

De feito, o individuo detido pola morte do seu sobriño de tres anos foi trasladado tras o seu arresto a un centro hospitalario polo seu estado de alteración. Fontes policiais confirmaron que este martes permanece ingresado no Hospital Provincial "custodiado". 

A toma de declaración do detido, puntualizaron as mesmas fontes policiais, "dependerá da valoración que fagan os médicos" da situación do individuo.

AUTOPSIA. A alerta do sucedido deuse pouco logo das 20.00 horas deste luns na céntrica rúa Loureiros da capital galega e efectivos sanitarios tiveron que prestar asistencia tamén a familiares da vítima mortal, de tres anos. 

O presunto autor dos feitos foi detido no lugar e trasladado posteriormente ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago polo seu estado de alteración. A Policía investiga as circunstancias do suceso e está á espera da autopsia para determinar a causa do falecemento, aínda que os primeiros indicios apuntan a que puido ser por asfixia. 

Unha familia moi coñecida no centro de Santiago
Uno de los negocios de la familia del niño fallecido en Santiago. LUIS POLOSegundo declararon veciños da vítima consultados por AGN, o arrestado, de 39 anos e identificado como Santiago Cepeda, intentou quitarse a vida en pleno brote psicótico e tras matar o pequeno.

A nai da vítima, que rexenta unha clínica de podoloxía –situada en pleno corazón do centro compostelán e moi próxima ao Ultramarinos Cepeda, o negocio familiar e un dos establecementos máis emblemáticos da Praza de Cervantes–, sufriu un shock tras decatarse dos feitos. O levantamento do cadáver produciuse cinco minutos logo das once da noite do luns.

[Un dos negocios da familia Cepeda, no centro de Santiago. LUIS POLO]

O detido pola morte do seu sobriño en Santiago permanece hospitalizado