Detido por ter a dez estranxeiras sen contrato en pubs de Pontevedra

A operación, denominada Siberia, culminou coa inspección de sete establecementos e a identificación de dezanove persoas

Coches da Policía Nacional. DP
photo_camera Coches da Policía Nacional. DP

Un home de 45 anos foi detido acusado de ter a mulleres estranxeiras sen contrato nin autorización de residencia traballando en varios locais de lecer no Porriño, Ponteareas, Salceda e Salvaterra, segundo informou este martes a Policía.

Tras varias investigacións, os axentes comprobaron que estas mulleres exercían unha actividade retribuída en diferentes cafeterías e pubs propiedade de diversas sociedades, cunha empresa matriz en común. Asímismo, descubriron que á fronte desta empresa estaba un "coñecido" da Policía con 14 antecedentes que foi detido.

A operación, denominada Siberia, culminou coa inspección de sete establecementos e a identificación de dezanove persoas, das cales dez carecían de permiso de traballo.

Comentarios