Detido un veciño de Gondomar que posuía unha plantación de marihuana 

Tiña 238 plantas na parroquia de Vincios

Plantación de marihuana en Gondomar. GARDA CIVIL
photo_camera Plantación de marihuana en Gondomar. GARDA CIVIL

Un veciño do municipio de Gondomar de 50 anos e con identidade F.J.S.V., foi detido como presunto autor dun delito contra a saúde pública despois de que se lle incautase unha plantación de marihuana, con 238 plantas. 

Segundo informou este sábado a Garda Civil, o home foi arrestado o venres por mor das investigacións realizadas polos axentes de Gondomar, que sospeitaban da existencia dunha plantación destas características na parroquia de Vincios. 

En concreto, a Garda Civil achou a plantación nunha leira anexa a unha vivenda deste lugar, na que había 150 plantas de marihuana. Ademais, nun galpón continuo localizou un secadeiro con catro quilos de cogollos na fase final de secado e varias caixas que contiñan marihuana. 

Nas inmediacións da leira, os axentes tamén deron con tres alpendres que estaban habilitados como invernadoiros, dotados de ventiladores e sistema de iluminación, con outras 90 plantas. 

A Garda Civil puxo este sábado ao detido e ás plantas intervidas a disposición do Xulgado de Instrución número 8 de vigo, en funcións de garda.