martes. 07.07.2020 |
El tiempo
martes. 07.07.2020
El tiempo

Detido un veciño de Vilaboa por roubar 600 cordas dunha batea fronte a Moaña

Las cuerdas de una batea robadas frente a Moaña. DP
Las cuerdas de una batea robadas frente a Moaña. DP

Os investigadores apuntan como hipótese unha vinganza por rifas persoais entre o suposto autor e a vítima

A Garda Civil detivo a un veciño de Vilaboa pola subtracción de máis de 600 cordas dunha batea situada nun dos polígonos do distrito de Vigo, fronte á costa de Moaña, valoradas en 22.000 euros. 

Segundo informou o Instituto Armado, o individuo foi detido como presunto autor do furto de máis de 600 cordas de semente de mexillón que foron subtraídas nunha batea. 

As investigacións iniciáronse a principios do pasado mes de marzo cando o dono da batea denunciou no Posto da Garda Civil de Moaña que lle subtraeran 120 cordas que se atopaban atadas e mergulladas no mar con cativa de mexillón e outras 500 máis que estaban baleiras e enroladas encima da batea. 

Por mor das pescudas realizadas polo Equipo de Investigación da Compañía da Garda Civil de Pontevedra, en colaboración cos efectivos do Posto de Moaña, establecéronse varias liñas de traballo. As mesmas fontes apuntan como principal hipótese a posibilidade dunha vinganza por rifas persoais entre o suposto autor e a vítima. 

"Partindo desta hipótese, logo de pouco máis de dous meses de investigación, a Garda Civil conseguiu localizar e recuperar a totalidade das cordas nunha batea situada fronte ao litoral costeiro de Santa Cristina de Cobres", subliñou a Benemérita. 

O propietario da batea, que foi detido como presunto autor dun delito de furto e posto en liberdade unha vez que prestou declaración nas dependencias da Garda Civil, deberá comparecer, cando sexa citado, ante o xulgado de Instrución de garda de Cangas. 

As cordas, valorados polo seu propietario en algo máis de 22.000 euros, quedaron inmobilizadas e depositadas na batea do detido a disposición da autoridade xudicial. 

Detido un veciño de Vilaboa por roubar 600 cordas dunha batea...
Comentarios