domingo. 19.09.2021 |
El tiempo
domingo. 19.09.2021
El tiempo

Detido un veciño de Xinzo como presunto autor de doce incendios forestais

Vecinos de la localidad de Gudín (Xinzo de Limia) realizan labores de extinción para intentar controlar un incendio en 2015. AEP
Vecinos de la localidad de Gudín (Xinzo de Limia) realizan labores de extinción para intentar controlar un incendio en 2015. AEP

Ocorreron durante os meses de agosto e outubro nas localidades de Sarreaus, Vilar de Barrio e Xunqueira de Ambia

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil detivo, sobre as 18,00 horas deste domingo, a J.M.V., veciño de Xinzo de Limia, como presunto autor de doce incendios forestais ocorridos na provincia. 

Segundo informa a Benemérita, os lumes, de carácter intencionado, ocorreron durante os meses de agosto e outubro nas localidades de Sarreaus, Vilar de Barrio e Xunqueira de Ambia. 

Tal e como confirman a Europa Press fontes da Garda Civil, o home atópase declarando no Xulgado de Instrución Número 1 de Xinzo durante a mañá deste luns. 

Así, estas mesmas fontes explican que os incendios eran, supostamente, provocados polo apresado con axuda de chisqueiros, cabichas e outros instrumentos. 

Detido un veciño de Xinzo como presunto autor de doce incendios...