Detido en Vigo por vender armas de fabricación artesanal por internet

Difundía a través de Facebook imaxes de artefactos construídos cun tubo para disparar obxectos a distancia

 

Armas prohibidas de fabricación artesanal elaboradas por un veciño de Vigo. GUARDIA CIVIL
photo_camera Armas prohibidas de fabricación artesanal elaboradas por un veciño de Vigo. GUARDIA CIVIL

A Garda Civil detivo a un veciño de Vigo como suposto autor dun delito de tenencia ilícita de armas tras acusalo de publicitar a través de internet imaxes de armas prohibidas de fabricación artesanal para ofrecelas para a venda. As investigacións iniciáronse cando se tivo noticia da existencia dun perfil en Facebook no que aparecían imaxes con fotografías e vídeos do seu administrador manipulando varios artefactos de fabricación casera, aparentemente dispostos para disparar obxectos a distancia. 

Segundo se puido comprobar, todas as fotografías, vídeos e comentarios inseridos neste perfil foron publicados ou compartidos por este usuario sen ningún tipo de restrición de privacidade, sendo, por conseguinte, de acceso público para calquera usuario das redes sociais. 

O traballo do Grupo de Información e Intervención de armas da Garda Civil confirmou que o obxecto que aparecía nas imaxes era un instrumento construído de forma artesanal cun tubo, xeralmente de poliuretano, susceptible de disparar un obxecto a distancia, podendo ser utilizado para un ataque contra a integridade física das persoas. Ao non ter un uso concreto, determinado e autorizado, trátase dunha arma prohibida polo regulamento. 

Unha vez detido o administrador do perfil, como suposto autor dun delito de tenencia ilícita de armas prohibidas, efectuouse un rexistro no seu domicilio e no interior do garaxe incautáronselle tres artefactos terminados das mesmas características e un terceiro en fase de fabricación. No marco da mesma operación, que se bautizou co nome de Picapiedras, resultou implicado outro veciño de Vigo, ao que a Benemérita lle notificou a súa condición penal de investigado como presunto autor do mesmo delito. 

Comentarios