Detido por violencia machista o profesor da USC que apoiou á Manada

O ano pasado Luciano Méndez xa foi arrestado tras agredir a dous axentes de Policía

Luciano Méndez. EL CORREO GALLEGO
photo_camera Luciano Méndez. EL CORREO GALLEGO

O profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Luciano Méndez Naya, coñecido por unha serie de vídeos colgados en redes sociais nos que apoiaba a 'A Manada' e criticaba á vítima, foi detido nas últimas horas por un suposto delito de violencia machista.

A detención produciuse por axentes do posto da Garda Civil de Brión (A Coruña), segundo informaron fontes consultadas por Europa Press.

En xuño do ano pasado, Luciano Méndez xa foi arrestado logo de agredir a dous axentes da Policía Nacional nun altercado en relación co vehículo do profesor, cando un policía lle foi a advertir de que non se podía aparcar na zona da comisaría e que os mandos a distancia dos vehículos non funcionan polo inhibidor.

Entón, Méndez Naya foi detido pola Policía Nacional polos delitos de lesións e atentado á autoridade tras agredir a dous axentes deste corpo policial, que resultaron feridos.

EXPEDIENTE

En sú día, a USC abriu un expediente informativo a Luciano Méndez Naya, quen, pola súa banda, reafirmouse nas súas declaracións de apoio a 'A Manada' en vídeos colgados en redes sociais.

O expediente informativo aberto pola USC foi remitido a Fiscalía para pescudar se das súas declaracións poden derivarse actuacións penais. No entanto, non se impuxo ao docente ningunha sanción, xa que as consideracións foron feitas nun marco privado.

En apoio a 'A Manada', este profesor cargou contra a vítima ao asegurar que se negaba a chamala así. Tamén defendía non ter "nada de machista" nin ir "contra a dignidade das mulleres".

"A lóxica dinos que o que pasou foi unha relación consentida", aseguraba nun dos seus vídeos Luciano Méndez, ademais de atribuír a polémica ao feito de que "a sociedade española non pode aceptar que unha moza de 18 anos, para buscar emocións fortes, decida deitarse con cinco tipos"

Comentarios