lunes. 26.10.2020 |
El tiempo
lunes. 26.10.2020
El tiempo

Sete detidos nunha operación antidroga en Carballo

Unha das vivendas rexistradas.GC
Unha das vivendas rexistradas.GC
Os axentes levaron ao cabo rexistros en tres domicilios e acháronse máis de 400 gramos de heroína

A Garda Civil detivo detido en Carballo a sete veciños por un delito de tráfico de drogas tras unha investigación que comezou en 2019 ao percibirse un incremento de persoas drogodependentes na localidade.

Axentes do instituto armado procederon ao rexistro simultáneo de tres domicilios, nos lugares de Os Pinos, Ponte Rosenda e a rúa Cemiterio Vello, no primeiro dos cales foron arrestadas tres persoas e outras dúas en cada unha das outras localizacións.

Segundo informa a Garda Civil nun comunicado, nas vivendas dos detidos e acharon 8.802 euros, 422 gramos de heroína, 6 gramos de metanfetaminas, 435 gramos de sustancia de corte, unha pistola de calibre 6,35, unha escopeta 12/70, 194 cartuchos, un machete, unha defensa extensible, varias armas brancas, 3 básculas de precisión e diverso material informático.

Durante a intervención, un dos detidos tratou de desfacerse de sustancias estupefacientes tirándoos polo desaugadoiro do baño, o que precisou romper a entrada da fosa séptica para recuperar as bolsas con droga.

A actuación recibiu o apoio da Usesic da Coruña, do GRS7 de Pontevedra debido ao perigo dos detidos pola tenencia de armas. Tamén se prestou servizo do can do Equipo cinológico co seu guia.

Tres dos detidos xa ingresaron en prisión por orde xudicial.

Sete detidos nunha operación antidroga en Carballo