domingo. 27.09.2020 |
El tiempo
domingo. 27.09.2020
El tiempo

Tres detidos polo corpo calcinado que apareceu en Toques tras un lume en marzo

Investigadores no lugar no que apareceu un home calcinado en Toques. ELISEO TRIGO
Investigadores no lugar no que apareceu un home calcinado en Toques. ELISEO TRIGO

O cadáver atopábase no interior dun vehículo ► Tratábase dun home declarado en paradoiro descoñecido

Tres persoas foron detidas pola súa suposta relación coa morte dun veciño de Sobrado, Julio Lea Casal, cuxo corpo calcinado apareceu na zona dun incendio forestal no municipio coruñés de Toques o pasado mes de marzo.

O corpo foi localizado o 27 de marzo polos equipos de extinción que se dirixían a un incendio forestal na localidade de Toques. Cando chegaron á parroquia de Capela, detectaron a presenza dun falecido nun coche que se estaba incendiando. O cadáver estaba completamente calcinado.

As estrañas circunstancias que rodearon este feito motivaron o inicio dunha investigación por parte da Garda Civil para determinar se se tratora tratado dun accidente ou unha morte violenta, dado que as forzas de seguridade non tiñan claro se o lume iniciouse por mor da explosión do vehículo ou viceversa.

O coche era propiedade dun veciño municipio de Sobrado, e as análises de ADN practicados permitiron identificar á vítima como Julio Lea Casal, veciño dese mesmo concello de 59 anos de idade e que se atopaba en paradoiro descoñecido.

A Garda Civil mantivo todas as hipóteses abertas para intentar pescudar as causas deste falecemento e traballaba en varias liñas de investigación, entre elas a morte violenta.

Este luns, fontes da investigación avanzaron a detención de tres persoas presuntamente relacionadas con estes feitos, no marco da que denominaron como operación Sobralea, cuxas dilixencias se atopan xudicializadas. 

Tres detidos polo corpo calcinado que apareceu en Toques tras un...
Comentarios