Sete detidos en relación á morte dunha moza achada nun encoro en Lobios

O corpo da muller, de orixe suramericana, apareceu en decembro de 2016. Inicialmente apuntouse a posibilidade dun suicidio, pero agora a investigación apunta a un suposto caso de prostitución

Los servicios de emergencia acuden a la zona del embalse de Lindoso en la que apareció el cadáver en 2016. EP
photo_camera Los servicios de emergencia acuden a la zona del embalse de Lindoso en la que apareció el cadáver en 2016. EP

A Policía Nacional detivo sete persoas na localidade de Grou, no municipio de Lobios (Ourense), no marco das investigacións iniciadas tras a aparición do corpo dunha muller de 21 anos no encoro de Lindoso (na fronteira con Portugal) en decembro de 2016. 

Fontes próximas á investigación explicaron a Europa Press que a operación, que se atopa baixo segredo de sumario, segue aberta e no marco das pescudas procedeuse a rexistrar vivendas nesta localidade de Lobios, polo que non se descarta que poidan producirse novas detencións. 

A Policía Nacional investiga no marco desta causa un suposto caso de prostitución en relación á morte da moza, que era de orixe suramericana. 

Pola súa banda, fontes xudiciais sinalaron que os detidos pasarán a disposición xudicial nas próximas horas no Xulgado de Instrucción de Bande, por ser o máis próximo de onde sucederon os feitos. 

A actuación policial comezou coa aparición do corpo dunha muller de 21 anos de orixe suramericana, flotando nas augas do encoro de Lindoso o 10 de decembro de 2016.

APUNTARON A UN SUICIDIO. Unhas persoas atoparan ás beiras do ríou, cerca do lugar coñecido como Ponte da Malleta, varias pezas e un teléfono móvil que pertenecían á falecida e avisaron ao 112. También confirmaran que viran o corpo flotando na auga.

Nun primeiro momento apuntouse a posibilidade de que a muller se suicidase, pero agora a investigación apunta a un suposto caso de prostitución.