martes. 20.10.2020 |
El tiempo
martes. 20.10.2020
El tiempo

Disparan cunha escopeta de balíns a unha sexaxenaria nun intento de roubarlle o bolso

Tres perdigóns impactaron na muller , dous na man e un no peito

Unha muller de 64 anos e residente na localidade coruñesa de Carballo sufriu tres impactos de perdigóns disparados dende un coche por un individuo que a asaltou para roubarlle o bolso mentres se dirixía á súa casa. Así o confirmaron fontes da Garda Civil, que explicaron que o suceso tivo lugar ás 21.00 horas da noite do venres, mentres a muller camiñaba pola urbanización de Costa Nariga, en Riotorto, dirección á súa casa. 

"Foi asaltada por un individuo nun coche escuro pequeno", para tratar de roubarlle o bolso. Con todo, "ao final, o home disparoulle cunha pistola de balíns", indicaron. En concreto, tres deles impactaron, dous na man e un no peito. 

Segundo informaron estas mesmas fontes, "por agora, non hai datos do autor" e mantéñense á espera de continuar coa investigación. A vítima foi trasladada de urxencia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. 

Disparan cunha escopeta de balíns a unha sexaxenaria nun intento de...