jueves. 26.11.2020 |
El tiempo
jueves. 26.11.2020
El tiempo

Dispáranse os positivos nos centros educativos galegos: 867 casos

Un alumno debuxando en clase. EUROPA PRESS
Un alumno debuxando en clase. EUROPA PRESS
Os contaxios por covid-19 manteñen pechadas polo menos 36 aulas e dúas escolas infantís en Lugo e Boborás 

Os centros, institutos e escolas infantís galegas volveron experimentar un repunte de casos positivos por covid-19 nas últimas xornadas. Os contaxios detectados polas autoridades sanitarias alcanzan xa os 867, o que supoñen 138 máis que o sábado e que supoñen un terzo de incremento no últimos sete días. 

A situación epidemiolóxica obrigou a pechar unha nova escola infantil, a gardaría Golfiños de Lugo, que conta con polo menos tres positivos confirmados. Este caso únese ao peche do punto de atención á infancia de Boborás, que conta con seis contaxios por coronavirus. 

Ademais destes dous centros, as autoridades sanitarias manteñen pechadas polo menos 36 aulas en toda Galicia. No entanto, este número poderían ser maior ás cifras da Xunta, posto que o balance recolle unicamente as unidades e escolas clausuradas por decisión do Sergas pero non outros peches que se producen no territorio por iniciativa dos equipos directivos, a pesar de que se apliquen seguindo o protocolo de acción ante a COVID-19. 

O incremento de casos detectados prodúcese, ademais, nun contexto de novas restricións e do decreto do estado de alarma por parte do Goberno central. 

Unha das características da evolución en Galicia é que os centros das áreas de Vigo, A Coruña e Santiago xa exceden a Ourense como os máis afectados de todo o territorio. 

As escolas da zona sanitaria de Vigo rexistran 187 positivos, 36 máis que o balance do sábado, ademais de nove unidades pechadas. 

Tres escolas infantís contan con aulas pechadas, Navia, Rúa Palencia e Lacaba, aínda que os casos máis graves danse no centro privado Lareira de Mos, con oito positivos e dúas unidades pechadas; o centro privado Santiago Apóstolo de Vigo, con oito contaxios; e o IES Antón Alonso Ríos e Indalecio Pérez Tizón, de Tomiño e Tui, respectivamente, con sete casos detectados.

OURENSE, Á BAIXA. A área de Coruña, pola súa banda, aumenta ata os 152 contaxios que manteñen polo menos cinco aulas pechadas, entre elas dúas unidades da escola infantil Vagalume de Arteixo. O IES Agra Leborís da Laracha, con oito positivos, e o CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral, con seis, son os centros con máis positivos detectados. 

Santiago conta con 137 casos, 20 máis, entre eles cinco positivos na escola infantil A Magdalena de Ames e dúas en Cativos Conxo de Compostela, cunha e tres aulas pechadas, respectivamente. Así mesmo, o CIFP Politécnico e o CPR La Salle rexistran sete contaxios 

Ourense rexistra cifras á baixa con 133 positivos en activo, seguida de Pontevedra con 98, Lugo con 90 e Ferrol con 70 casos, unha zona na que os contaxios se incrementaron exponencialmente.

NOVOS CENTROS. Doutra banda, detectáronse diversos centros con casos de COVID-19 que non estaban incluídos no balance anterior, entre eles a escola infantil Vagalume de Arteixo e Canteira de Oleiros, a CEE María Mariño da Coruña, o CEIP José Cornide Saavedra, o Raquel Cabacho, CIFP Ánxel Casal - Monte Alto CIFP Paseo das Pontes, CPR A Fundación A Coruña, IES Salvador de Madariaga, CEIP Wenceslao Fernández de Cambre, IES de Carral, CPI Pluriling~e O Cruce de Cerceda, o IES Maximino Romeu de Lema de Zas (tres positivos), o Juana de Veiga, e o IES Miraflores e Xosé Neira Vilas, o tres de Oleiros. 

Así mesmo, entre outros, localizáronse casos nas escolas infantís Fene-Barallobre e Municipal A Solaina, de Fene e Narón; ou no CEIP de Esteiro e de Pazos de Ferrol, ademças da CMUS Xan Viaño, o CPR Valle Inclán I, Santa María de Caranza, o IES de Catabois, o Sofía Casanova, o CEIP A Gándara e Virxe do Mar e a CRA de Narón, que conta con tres positivos e dúas aulas pechadas. 

O resto de novos centros con positivos detectados ascenden a un total de 46 escolas en toda Galicia e que se localizaron en municipios como Lalín, A Estrada, Ames, Muros, Porto do Son, Santiago, Lugo, A Fonsagrada, Viveiro, Allariz, A Pobra de Trives, Ourense, Verín, Bueu, Cerdedo-Cotobade, Pontevedra, Nigrán, O Porriño ou Vigo, entre outros. 

Dispáranse os positivos nos centros educativos galegos: 867 casos
Comentarios