jueves. 26.11.2020 |
El tiempo
jueves. 26.11.2020
El tiempo

Doce falecidos, a cifra máis alta na segunda onda, elevan a 880 as vítimas mortais en Galicia

Todas as áreas sanitarias rexistran un aumento das infeccións

Doce mortes rexistradas este luns de persoas que contraeran o virus causante da covid-19 elevaron a 880 as vítimas causadas pola pandemia en Galicia desde o seu inicio. Supón a maior cifra de falecementos comunicados nesta segunda onda da pandemia.

O luns morreron no xeriátrico Os Gozos, de Pereiro de Aguiar (Ourense), intervido pola Xunta, unha muller de 92 anos e un home de 87, ambos con patoloxías previas. 

Ademais, dous homes de 87 e 53 años e unha muller de 80 faleceron no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e un paciente de 66 no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). 

Un varón de 91 anos faleceu no Hospital Quirón Salud da Coruña, unha muller de 87 no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) e dous homes de 88 e 84 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI). 

Un home de 84 anos ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e usuario da residencia O Viso de Lobeira tamén morreu e, por último, unha muller de 82 anos ingresada no CHUO e usuaria da residencia Os Gozos. 

A Consellería de Sanidade informou destes decesos, que se producen nun momento no que a Comunidade está por encima dos 600 contaxios diarios.

¡Todas as áreas sanitarias rexistran un aumento das infeccións segundo o último balance ofrecido polo servizo galego de saúde, que achega os datos obtidos ata as seis da tarde do domingo.

Os casos activos son 6.766, unha cifra que se achega á rexistrada nos últimos días de abril, na primeira onda.

Doce falecidos, a cifra máis alta na segunda onda, elevan a 880 as...