miércoles. 28.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 28.10.2020
El tiempo

O dono dun pub da Coruña que deu positivo en Covid descarta contagios no local

Un tirador de cerveza.PIXABAY
Un tirador de cerveza.PIXABAY
Argumenta que el traballa na cabina, polo que non entra en contacto nin con clientes nin co resto o persoal

O dono dun local de lecer nocturno da Coruña que deu positivo en coronavirus fai "ao redor de dúas semanas" está pendente de que a segunda proba, realizada na mañá deste xoves, confirme que está libre de virus. O establecemento traballou con normalidade nos últimos días tras a súa desinfección e con novos empregados.

"Non teño síntomas. Desde o primeiro día estiven perfecto", explica, nunha entrevista a Europa Press, e descarta que o establecemento puidese ser foco de contaxio. "Traballo na cabina, que está alta e estou eu só, non sobe ninguén", detalla. O hostaleiro afirma que se fixo o test polo positivo dun amigo co que coincidira nun encontro casual pola rúa.

O outro propietario do local e os dous traballadores do deron negativo na PCR practicada polo Sergas. Tamén outra decena de coñecidos sometéronse á proba, apunta, e tampouco teñen a enfermidade. "Sospeito que foi un falso positivo", subliña e cualifica de moi "remota" a posibilidade de que houbese contagios no pub.

O hostaleiro defende que Sanidade permitiulle abrir as portas do pub e así o fixo, tras desinfectarlo e contratar outros empregados. "Pregunteilles pasos a seguir e dixéronme que, se desinfectábamos todo, podíase traballar", detalla. Aínda así, se o seu resultado é negativo, este fin de semana abrirá cos traballadores habituais e "con normalidade". 

O dono dun pub da Coruña que deu positivo en Covid descarta...
Comentarios