martes. 19.11.2019 |
El tiempo
martes. 19.11.2019
El tiempo

Dous universitarios pontevedreses levarán un proxecto innovador a Sillicon Valley

Os estudantes pontevedreses de Medicina, José Gago e Carlos de Frías. DP
Os estudantes pontevedreses de Medicina, José Gago e Carlos de Frías. DP

Os estudantes de Medicina José Gago e Carlos de Frías foron galardoados co primeiro posto do Explorer Santiago por desenvolver un dispositivo que se anticipa ás infeccións posquirúrgicas

Dous estudantes pontevedreses de Medicina, José Gago e Carlos de Frías, son os elixidos para representar á Universidade de Santiago de Compostela no programa Explorer de Santander, unha iniciativa que permitiu que máis de 1.800 emprendedores desenvolvesen máis de 1.000 proxectos en centros de alto rendemento, con asesoramento personalizado e formación en innovación e modelos de negocio. Os dous mozos xa destacaran durante os seus estudos de secundaria e bacharelato na Boa Vila. O seu proxecto, Bactidec, foi elixido por un xurado e recibiu unha mención especial na que se subliñou o carácter disruptivo da súa tecnoloxía.

Os universitarios desenvolveron desde cero un dispositivo capaz de anticiparse á aparición de infeccións posquirúrgicas, e incluso previr a súa aparición en pacientes hospitalarios. A idea xurdiu durante unhas prácticas nun servizo cirúrxico onde José Gago, un dos seus promotores, puido vivir en primeira persoa o impacto destas complicacións sanitarias.

Man a man, xunto ao seu compañeiro Carlos de Frías, ambos levaron a cabo unha investigación de dous anos que culminaría en Bactidec. Esta proposta abre un novo campo de traballo enfocado a mellorar a calidade de vida e diminuír a mortalidade dos enfermos. Diversos profesionais do Hospital Clínico Universitario de Santiago mostraron un gran interese nesta tecnoloxía.

No mes de agosto defenderán a súa idea en Madrid (fase nacional) optando a un premio de 30.000 euros. A viaxe a Silicon Valley, experiencia reservada para os gañadores da edición de Santiago, está programada para o mes de outubro. Alí, poderán materializar a súa idea xunto ás mentes máis brillantes do ámbito tecnolóxico.

Dous universitarios pontevedreses levarán un proxecto innovador a...
Comentarios