miércoles. 28.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 28.10.2020
El tiempo

Dous trens entre Vigo e O Porto volverán funcionar a partir deste domingo

Ambas as cidades están conectadas en dúas horas e 20 minutos aproximadamente

Renfe e Comboios de Portugal recuperan a partir deste domingo, 16 de agosto, dous trens Celta, un de ida e outro de volta, entre Vigo e O Porto. 

Segundo informa Renfe nun comunicado, esta oferta "ampliarase gradualmente a medida que se vaian recuperando os índices de demanda". 

Así, o de Vigo-Guixar con destino ao Porto sairá ás 8.58 horas (hora española) e chegará ás 10.20 horas (hora portuguesa). 

O de O Porto sae ás 8.13 horas (hora portuguesa) e chega ás 11.35 horas (horas española). 

O 2 de xullo de 2013, froito do acordo entre España e Portugal comezaron por primeira vez os trens directos entre Vigo e O Porto sen paradas intermedias. Ambas as cidades están conectadas en dúas horas e 20 minutos aproximadamente. 

Posteriormente, en xullo de 2014 estes trens realizan ademais paradas comerciais en Valença, Viana do Castelo e Nine. 

Dous trens entre Vigo e O Porto volverán funcionar a partir deste...
Comentarios