martes. 26.05.2020 |
El tiempo
martes. 26.05.2020
El tiempo

O drama das residencias galegas: medra máis dun 10% o número de afectados

Coches fúnebres abandonando a residencia DomusVi San Lázaro, este xoves. JUAN MÉNDEZ
Coches fúnebres abandonando a residencia DomusVi San Lázaro, este xoves. JUAN MÉNDEZ
Este xoves elevouse a cifra de usuarios contagiasos ata os 427 (34 máis) e as de traballadores ata os 149 (22 positivos novos).

O número de casos positivos en residencias de maiores segue crecendo cada día, nas últimas 24 horas disparouse un 10,77% e elevou a cifra de usuarios ata os 427 (+34) e as de traballadores ata os 149 (+22). 

Segundo a actualización diaria da Consellería de Política Social, desde este mércores rexistráronse 43 casos positivos entre persoas maiores, pero tamén nove persoas procedentes destes centros faleceron no hospital ou nas propias instalacións residenciais, polo que o balance deixa 34 diagnósticos activos, un 8,65% máis que o mércores. 

Por outra banda, tamén aumentou o número de traballadores infectados nun 17,32% ata os 149, a maioría deles concéntranse en DomusVi Cangas (17), San Carlos de Celanova (18) e O Portazgo da Coruña (18). 

NOVOS CONTAGIOS POR RESIDENCIAS. Once novos casos apareceron entre os residentes da nosa Señora da Esperanza de Ourense (26), oito en DomusVi San Lázaro de Santiago (31), seis en Remanso Claudina-Somoza (6), catro en Concepción Arenal da Coruña (8), catro no CRAPD de Vigo (6) e tres na residencia de Vilaboa (3). 

Ademais, un diagnóstico súmase aos xa rexistrados no Portazgo (39) e en Castro Caldelas (7). Outros centros contabilizan o seu primeiro caso, como son os de DomusVi Chantada, Residencia Virxe da Luz de Monforte, Lecer Avoíños de Coles, DomusVi Pereiro en Pereiro de Aguiar e na residencia de Ramirás. 

Noutros centros para a terceira idade baixaron o número de casos debido ao falecemento de varias persoas nas súas instalacións ou hospitais. Os datos de Política Social mostran que a DomusVi de Cangas mantén 104 casos activos (-4), Fogar Bellolar da Coruña conta con tres (-3), A nosa Señora de Fátima do Barco baixa a 12 (-1) e San Carlos de Celanova a 43 (-1). 

427 MAIORES INFECTADOS. Á marxe dos cambios que se produciron nalgunhas residencias, hai outras que manteñen as cifras que presentaban o mércores. é o caso da DomusVi Barreiro (72), San Pedro de Crecente (17), Residencia Moledo (15), Divino Mestre de Ourense (7), DomusVi Matogrande da Coruña (7), Residencia de Maiores de Foz (3), DomusVi Monforte (2), Betania en Viveiro (2) e As Fragas de Pontedeume (2). 

Á vez, na residencia de Arteixo, Nosa Señora do Carme (Fisterra), San José de Narón, Súa Casa en San Sadurniño, José Otero en Santiago, Galisenior en Ourense e A nosa Señora da Asunción en Caldas de Reis manteñen un caso cada unha. 

CASE 159 EMPREGADOS ENFERMOS. En canto aos traballadores, os novos 22 positivos elevan a 149 o número de infectados. Once apareceron na Residencia Moledo de Vigo (11), dúas en DomusVi Monforte (4) e dúas en San José de Ourense (3), un en Claudina-Somoza (3), outro en Concepción Arenal (1), outro en Melide (1), outro en Silleda (1), outro en DomusVi Chantada (1), outro nas Gándaras de Lugo (1) e outro en San Rafael de Mondoñedo (1). 

O persoal afectado doutros puntos de Galicia mantense igual que o mércores: O Portazgo (18), Castro Caldelas (3), DomusVi Cangas (17), Betania (1), CRAPD Vigo (2), San Carlos de Celanova (18), San Pedro de Crecente (12), A nosa Señora de Fátima do Barco (4), DomusVi San Lázaro (11), DomusVi Barreiro (11), Foz (7), A nosa Señora da Esperanza (5) e, Nosa Señora do Carme (2) e en Cospeito (2). 

Casos individuais tamén se rexistran en Fogar Bellolar, Os Gozos de Pereiro de Aguiar, San Simón de Teo, o Rocío F. San Rosendo (Vigo),A Porqueira, Burela, Castro de Rei, Alvetus (Avión) e A Milagrosa de Lugo. 

O drama das residencias galegas: medra máis dun 10% o número de...
Comentarios