Dúas persoas feridas, unha delas evacuada en helicóptero, tras unha saída de vía en Ourense

Foi unha persoa particular quen alertou do ocorrido ao 112 Galicia

Dúas persoas resultaron feridas a primeira hora desta mañá en Ourense ao saírse da vía o coche no que circulaban. O accidente tivo lugar na OU-0526, concretamente no punto quilométrico 5, ao fío das 7:05 horas.

Debido á gravidade do sinistro, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata unha zona próxima ao lugar dos feitos. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, unha das persoas feridas foi evacuada na aeronave e a outra persoa accidentada nunha ambulancia.

Foi unha persoa particular quen alertou do ocorrido ao 112 Galicia e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos servizos sanitarios de urxencia, aos Bombeiros de Ourense, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.