Educación supedita as oposicións a que se levante o estado de alarma o 11 de abril

Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Opositores realizando un exame. ARQUIVO

A celebración das oposicións de profesorado en Galicia dependerá da prórroga do estado de alarma. Esta é a postura que a Consellería de Educación trasladou ao ministerio dirixido por Isabel Celaá, que sondou as comunidades autónomas para coñercer a súa opinión sobre o mantemento ou non dos procesos selectivos ante a crise aberta do coronavirus.

A postura de Galicia non cambiou: aínda hai marxe para celebrar as probas da oferta pública de emprego (Ope). Atendendo ao trasladado a Europa Press desde o departamento dirixido por Carmen Pomar, a decisión de manter ou non o proceso de oposicións dependerá de que se se prorroga ou non o estado de alarma decretado polo Goberno central máis aló do 11 de abril.

"No caso de non prorrogarse, estariamos en prazo para levar a cabo o proceso con normalidade", considera a Xunta, polo que as oposicións se celebrarían no caso de levantarse as medidas de confinamento e a situación de alarma.

O Goberno galego vincula, así, a súa decisión definitiva aos movementos do Executivo de Pedro Sánchez de cara ao mes de abril ante a loita do coronavirus. Mentres, CIG-Ensino instou ao departamento de Pomar a dar unha aclaración explícita sobre a convocatoria da Ope.

Varias comunidades anunciaron un adiamento das probas para 2021

CANCELACIÓNS. A diferenza da Xunta, varios gobernos autonómicos xa anunciaron a súa intención de aprazar ata 2021 as oposicións previstas este ano. É o caso de Cantabria, Andalucía, Comunitat Valenciana, Murcia, Aragón, Castela e León ou Castela-A Mancha.

A Consellería de Educación do Goberno de Cantabria atrasará a 2021 as oposicións de secundaria e outros corpos convocadas inicialmente para este ano. Mentres, Comunitat Valenciana celebrou o pasado venres unha reunión cos sindicatos na que se decidiu o adiamento do proceso de oposicións de secundaria e outros corpos a xuño de 2021.

Ese mesmo día, a Consellería de Educación de Murcia comunicou aos sindicatos a súa intención de pospoñer ata 2021 as oposicións docentes nesta comunidade. Así mesmo, Castela e León pactou este luns coas centrais docentes o adiamento das probas a 2021.

Pola súa banda, Balears solicitou nunha carta ao Ministerio de Educación que se manteñan as 1.144 prazas previstas para as oposicións deste ano nas illas, ante o posible adiamento do proceso pola crise do coronavirus.

Comentarios