miércoles. 30.09.2020 |
El tiempo
miércoles. 30.09.2020
El tiempo

Elévanse a sete os positivos dun gromo en Barbadás e a seis os doutro en Ourense

Dous sanitarios recollen unha mostra para unha proba PCR. ARQUIVO
Dous sanitarios recollen unha mostra para unha proba PCR. ARQUIVO

As probas realizadas a contactos relacionados con senllos gromos de coronavirus en Barbadás e Ourense elevaron o número de positivos a sete no primeiro caso e a seis no segundo. 

Atendendo á información da área sanitaria de Ourense, unha vez realizados os estudos correspondentes e as probas diagnósticas aos contactos directos do gromo importado de Barbadás —que afectaba inicialmente a cinco persoas dunha mesma unidade familiar—, detectáronse outros dous novos casos positivos. Son os de dúas mulleres de 30 e 22 anos. Os sete pacientes atópanse en situación de illamento en domicilio, controlados polo persoal sanitario do seu centro de saúde. 

Con respecto ao gromo detectado o pasado sábado en Ourense, con catro afectados nun principio —tres dunha unidade familiar e un contacto estreito—, o seguimento levou a localizar outros dous positivos. Son dúas mulleres de 30 e 52 anos que actualmente "non presentan síntomas da enfermidade" e están en illamento domiciliario. 

Así as cousas, na área sanitaria ourensá hai 11 gromos. Ante a posibilidade de novos contaxios, a Consellería de Sanidade incide en que traballa co obxectivo de limitar "o risco de novas infeccións, tomando as medidas preventivas indicadas nos protocolos aplicables a esta situación".

Elévanse a sete os positivos dun gromo en Barbadás e a seis os...
Comentarios