lunes. 14.10.2019 |
El tiempo
lunes. 14.10.2019
El tiempo

Unha embarazada perde o seu bebé e permanece grave tras ser atropelada en Vigo

O paso de peóns no que se rexistraba o atropelo. CRTVG
O paso de peóns no que se rexistraba o atropelo. CRTVG
A muller, de 24 anos, cruzaba por un paso de peóns cando foi arroiada
 

Unha moza de 24 anos permanece en estado grave e perdeu o bebé que estaba a esperar ao ser arroiada por un turismo na avenida do Tranvía, en Vigo, durante a madrugada deste sábado. Tal e como sinala a CRTVG, a muller cruzaba por un paso de peóns cando se produciu o atropelo. A vítima foi trasladada de inmediato ao Álvaro Cunqueiro, onde permanece en estado grave.

Os veciños da zona denunciaron a escasa visibilidade do paso de peóns que atravesaba a moza e reclaman medidas de seguridade para que non volvan rexistrarse sucesos tan desgraciados como estes.

Unha embarazada perde o seu bebé e permanece grave tras ser...