miércoles. 19.02.2020 |
El tiempo
miércoles. 19.02.2020
El tiempo

Envían a prisión ao home que deu unha malleira á súa exparella en Ponteareas

2020011618040983600
2020011618040983600
Vecinos e amigos da vítima concentráronse este mediodía fronte ao Concello para protestar contra a agresión

O xulgado número 1 de Ponteareas, competente en violencia sobre a muller, decretou este venres prisión provisional comunicada e sen fianza para o home detido onte en Ponteareas (Pontevedra) por propinarlle unha malleira á súa exparella, da que se recupera na UCI do hospital de Vigo.

O arrestado está investigado polos delitos de asasinato en grao de tentativa, homicidio en grao de tentativa ou lesións graves así como violación de morada e quebrantamento, informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Os feitos producíronse nunha vivenda da parroquia de Ribadetea, onde o agora detido, de 56 anos, irrompeu para propinarlle unha malleira á súa exparella.

Na vivenda atopábase o fillo de ambos os dous, de 30 anos, que tamén foi agredido polo seu pai ao intentar mediar na disputa, aínda que non sufriu lesións graves, e que foi quen avisou os servizos de urxencia.

A vítima foi trasladada ao hospitasl Álvaro Cunqueiro (Vigo), está internada na UCI, onde foi intervida quirúrxicamente por mor das lesións sufridas.

Actualmente atópase fóra de perigo. 

Vecinos e amigos da vítima concentráronse este mediodía fronte ao Concello para protestar contra a agresión e como medida de apoio

Envían a prisión ao home que deu unha malleira á súa exparella en...