En estado moi grave un mozo que recibiu unha malleira en Valdoviño

A vítima foi agredida nun local de hostalería situado no Sequeiro

Chuac. EP
photo_camera O mozo atópase hospitalizado no Chuac. EP

Un mozo veciño de Valdoviño atópase en estado moi grave tras recibir unha malleira na tarde do pasado sábado, 25 de maio, cando se atopaba nun local de hostalería situado no Sequeiro, no mesmo municipio no que reside. 

Segundo sinalaron fontes consultadas por Europa Press, o ferido recibiu golpes por todo o corpo, pero, sobre todo, na zona da cabeza, o que lle provocou feridas importantes e o ter que se trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac), onde se repón. 

Familiares do ferido cursaron na mañá deste martes a correspondente denuncia ante a Garda Civil, que se fixo cargo das investigacións para tratar de esclarecer este suceso e localizar ao agresor.