viernes. 15.11.2019 |
El tiempo
viernes. 15.11.2019
El tiempo

A Eurocámara pide ilegalizar a fundación Francisco Franco

A parlamentaria galega Ana Miranda na Eurocámara. DP
A parlamentaria galega Ana Miranda na Eurocámara. DP

Así se recolle no texto acordado por ata cinco grupos políticos, incluídos populares e liberais

O pleno do Parlamento Europeo (PE) reclamou este xoves nunha resolución pactada por varios grupos políticos do hemiciclo a ilegalización de fundacións que exalten ou glorifiquen o fascismo, como a fundación Francisco Franco.

Así se recolle no texto acordado por ata cinco grupos políticos, incluídos populares e liberais, que pediron para sumarse ao mesmo que non se fixese mención a ningunha fundación concreta ou episodio fascista nacional.

A Eurocámara mostra na resolución a súa preocupación ante o aumento da violencia neofascista na Unión Europea tras agresións de grupos ultras como a sufrida pola eurodiputada italiana Eleonora Forenza e o seu asistente por Casa Pound e co obxectivo de que a Comisión Europea poña en marcha medidas concretas.

A Eurocámara pide ilegalizar a fundación Francisco Franco
Comentarios