sábado. 18.01.2020 |
El tiempo
sábado. 18.01.2020
El tiempo

Denuncian unha trintena de casos de 'proxenetismo animal' en Galicia

Un anuncio de monta en las redes. EP
Un anuncio de monta en las redes. EP

Libera! interpón unha denuncia ante a proliferación de ofertas de montas de cans e gatos

A Asociación Animalista Libera! e a Fundación Franz Weber anunciaron este sábado a interposición da primeira denuncia simultánea contra o chamado proxenetismo animal, as ofertas de monta de cans e incluso gatos que pululan a través de redes sociais e páxinas web que inclúen transaccións económicas, e como comprobaron, algunhas con prezos superiores aos mil euros.

A propia Lei de Benestar Animal de Galicia, sinala esta organización nun comunicado, prohibe a "compra, venda, cesión ou doazón ambulante de animais de compañía" no seu artigo 13.2 mentres que o apartado anterior regula estes actos sinalando que "a cría con fins comerciais de animais de compañía só poderá efectuarse en establecementos debidamente autorizados".

Os animalistas sinalan que as montas son unha compra encuberta e xa que logo estes anuncios tampouco poden publicarse como ata agora.

Neste sentido no seu primeiro escrito de denuncia contra estas estrataxemas para facerse con camadas e vendelas advirten de que tamén dá lugar a unha fraude fiscal non cuantificado, xa que tanto o ofertante como o pagador poden intercambiarse os cachorros e, á súa vez, polos á venda na mesma plataforma de Internet, cometendo unha dobre irregularidade administrativa.

A venda reiterada de animais, como podería deducirse dalgunhas mensaxes de montas conclúe a nota, está considerada unha infracción de carácter grave, con multas de ata cinco mil euros e a posibilidade de comisar aos animais xunto a unha sanción accesoria de inhabilitación para a tenencia de animais por un máximo de cinco anos.

FFW e Libera! esperan que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural poña coto ás decenas de publicacións que en diferentes espazos están a fomentar non soamente un negocio irregular, senón unha cosificación profunda dos animais como meras máquinas de produción.

Denuncian unha trintena de casos de 'proxenetismo animal' en Galicia