martes. 22.09.2020 |
El tiempo
martes. 22.09.2020
El tiempo

Evacuado un home tras inhalar fume ao incendiarse a cociña dun piso na Coruña

O afectado estaba a preparar a comida e o lume, que deixou a pota calcinada, propagouse por un descoido

Un home necesitou asistencia sanitaria na tarde deste martes ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de fume tras declararse un incendio na cociña dun piso na Coruña.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o home estaba a preparar a comida e o lume, que deixou a pota calcinada, propagouse por un descoido. Nun primeiro momento foi atendido na vivenda e, posteriormente, trasladado nunha ambulancia ao Hospital Modelo.

Os feitos ocorreron nunha cale Sarxento Veiga sobre as 14.25 horas, cando un particular contactou co 112 Galicia para avisar de que vía saír fume por unha fiestra da vivenda.

Tras iso, o persoal do 112 solicitou a intervención dos Bombeiros da Coruña, da Policía Local, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade.

Evacuado un home tras inhalar fume ao incendiarse a cociña dun piso...