domingo. 28.02.2021 |
El tiempo
domingo. 28.02.2021
El tiempo

Evacuado un traballador en helicóptero tras sufrir un accidente cando cortaba leña

O ferido atopábase nunha zona de difícil acceso

Un operario foi evacuado esta mañá en helicóptero despois de sufrir un golpe cunha árbore mentres traballaba nunha zona de difícil acceso do concello de Vilardevós.

Ademais dos servizos sanitarios de urxencia, ao lugar do accidente desprazouse unha dotación dos Bombeiros de Verín, así como voluntarios de Protección Civil da localidade, alertados polo 112 Galicia.

Foron os efectivos do parque comarcal quen advertiron das dificultades para chegar ata o lugar no que se atopaba o ferido, unha zona de monte situada no camiño cara Feilas. Deste xeito, o equipo médico dediciu enviar a aeronave medicalizada con base no Hospital de Ourense, onde foi trasladado o ferido en canto conseguiron estabilizalo.

Malia as feridas provocadas polo impacto da árbore, o home estaba liberado. Con todo, as dificultades de acceso obrigaron a intervir máis medios para faciltar a chegada do servizo médico.

Este accidente foi rexistrado no 112 Galicia pasadas as dez desta mañá, cando se recibiu a chamada dun compañeiro do ferido que acudía a socorrelo.

Evacuado un traballador en helicóptero tras sufrir un accidente...