Evacuados 23 nenos por un incendio nunha gardería de O Barco

O lume iniciouse nuns ordenadores

Un incendio rexistrado este xoves nos computadores dunha gardaría municipal da localidade ourensá do Barco de Valdeorras obrigou a trasladar aos 23 alumnos a outra aula mentres equipos de emerxencias procedían a sufocar as chamas.

Segundo sinalaron a Efe efectivos de Emerxencias, o incendio, que se produciu nun dos computadores do centro educativo, puido ser sufocado rapidamente e non houbo que lamentar danos maiores. O lume detectouse cara ás 10:30 horas nunha aula e non houbo danos persoais.

Con todo, como medida preventiva, os menores foron traslados a outra aula durante as tarefas de extinción e foi necesario revisar a instalación eléctrica ao rexistrarse un segundo lume noutro computador do centro.