Un grupo de expertos "reorientará" o Xacobeo 21 para "adaptalo" á saída da crise sanitaria

Román Rodríguez destacou que esta iniciativa permitirá avanzar nesta estratexia "de xeito planificado e sen improvisación"
Román Rodríguez, durante su intervención en el 30 aniversario de la concesión del Nobel a Camilo José Cela. LAVANDEIRA JR.
photo_camera Román Rodríguez. LAVANDEIRA JR.

A Xunta porá en marcha un grupo de expertos multidisciplinar para "reorientar" o Xacobeo 21 e "adaptalo" " saída da crise sanitaria" provocada pola Covid-19.

Así o avanzou este luns o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, tras manter un encontro con representantes de asociacións de amigos do Camiño de ámbito estatal, unha reunión que se enmarca na rolda de contactos iniciada nas últimas semanas con diferentes colectivos para abordar a situación actual.

Este grupo de traballo contará cunha "ampla presenza de representantes de todos os colectivos implicados" no ámbito Xacobeo, dixo a Xunta, como as propias asociacións de amigos do Camiño, a Igrexa ou a administración local, ademais de expertos dos sectores económico, cultural e turístico da Comunidade, entre outros.

O obxectivo desta iniciativa, puntualizou o conselleiro, será elaborar nunha "folla de ruta" que permita "reorientar o Xacobeo 2021 para convertelo nun motor de reactivación económica" tras a urxencia sanitaria, un evento que favoreza, así mesmo, "a dinamización das zonas rurais, potenciando as industrias creativas e a recuperación do sector turístico".

Recordou tamén a necesidade de convocar un Consello Xacobeo extraordinario para avaliar a situación actual do Camiño de Santiago

Román Rodríguez destacou que a creación deste grupo de expertos permitirá avanzar nesta estratexia "de xeito planificado e sen improvisación", contando coa colaboración dos distintos axentes implicados e "evitando xerar incertezas nos sectores afectados".

Para iso, o conselleiro pediu a implicación tamén do Goberno central, ao que reclamou que atenda algunhas das demandas Galicia neste campo, como a extensión a 2022 das desgravacións fiscais para o próximo Ano Santo, co obxectivo de estimular as achegas privadas e captar máis recursos para o desenvolvemento de proxectos culturais e turísticos.

Do mesmo xeito, recordou tamén a necesidade de convocar un Consello Xacobeo extraordinario para avaliar a situación actual do Camiño de Santiago e analizar conxuntamente medidas para minimizar o impacto que esta crise está a ter nos territorios polos que transcorre a Ruta.

Comentarios