martes. 21.01.2020 |
El tiempo
martes. 21.01.2020
El tiempo

Explican a polémica no Grove: "Un cura buscou 'parella enfadada' en Google e saíulle iso"

Juan Ventura Martínez, nacido en Vilanova de Arousa hace 34 años. EP
Juan Ventura Martínez, nacido en Vilanova de Arousa hace 34 años. EP

O sacerdote de San Vicente, Juan Ventura, conta como dous actores porno coáronse nos panfletos desta parroquia e a de San Martiño

Os nomes das parroquias de San Martiño e San Vicente do Mar tiveron este fin de semana máis mencións nos medios e redes sociais que no último lustro. A causa foi a folla parroquial que comparten e que ilustrou un texto sobre o diálogo na vida familiar coa unha foto dun mozo e unha moza que resultaron ser dous afamados actores porno norteamericanos.

A polémica foto no boletín parroquial. EP

Juan Ventura, cura de San Vicente tómase con humor o episodio, que cualifica de "parvada", e explica como ocorreu. "O encargado de deseñar o panfleto é Don Antonio, un sacerdote de 77 anos que é vicario en San Martiño, e como o texto ía sobre discusións no matrimonio buscou en Google parella enfadada e iso foi o que lle saíu. Imprimímolo e comezamos a repartir as follas xa hai máis de 15 días, ata que alguén se deu conta", relatou o párroco a AGN.

Sobre quen identificou aos pornstars, Juan Ventura di descoñecelo, aínda que apuntilla que "debeu de ser alguén das parroquias". "E que ve moito porno", aprecia entre risas.

PRECEDENTES. Os actores que aparecen nos boletíns son concretamente Jayden Jaymes e Johnny Sins. Este último xa tivo máis vítimas inocentes antes das parroquias galegas, pois unha foto na que aparecía caracterizado como paciente nun hospital –unido a que leva a cabeza afeitada– enganou hai uns meses a usuarios de Facebook que pedían fondos para loitar contra o cancro e que ilustraban con el os seus posts.

Explican a polémica no Grove: "Un cura buscou 'parella enfadada' en...
Comentarios