miércoles. 21.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 21.10.2020
El tiempo

Extinguido o lume de Porto do Son mentres que o de Ourense xa está controlado 

Un helicóptero realiza labores de extinción no incendio de Ourense. EFE/Manolo Otero
Un helicóptero realiza labores de extinción no incendio de Ourense. EFE/Manolo Otero
O primeiro queimou 12 hectáreas, o de Ourense afecta a 60

O incendio forestal que permanecía activo desde a tarde do sábado en Porto do Son quedou extinguido na mañá deste luns tras queimar 19,35 hectáreas. Ademais, o que afecta a 60 hectáreas da cidade de Ourense está xa controlado. 

Tal e como informa a Consellería do Medio Rural a través de Twitter, o lume de Porto do Son, concretamente na parroquia de San Pedro de Muro, calcinou 19,35 hectáreas, de acordo coas últimas estimacións realizadas por GPS. 

Por parte da Xunta, segundo co último parte de incendios, traballaron na súa extinción polo menos oito axentes, 21 brigadas, 13 motobombas, dúas pas, catro avións e catro helicópteros. Tamén colaborou o Ministerio para a Transición Ecolóxica a través de dous avións anfibios das bases de Matacán (Salamanca) e Lavacolla.

CONTROLADO O LUME DE OURENSE. En canto ao incendio forestal que afecta desde as 15,00 horas do sábado a cidade de Ourense, concretamente á zona de Canibelos, permanece controlado desde a mañá deste luns. 

A través de Twitter, a Consellería do Medio Rural concretou que as hectáreas arrasadas polas chamas son un total de 57,79. Desta superficie, 25 hectáreas son monte arboledo e o resto, de raso. 

Segundo as últimas informacións da Xunta, na extinción do lume de Ourense traballaron un técnico, 11 axentes, 31 brigadas, 20 motobombas, sete helicópteros e 11 avións. Xunto ao dispositivo de Medio Rural, o Ministerio para a Transición Ecolóxica despregou dúas Brigadas de Reforzo de Incendios Forestais (BRIF) e diversos medios aéreos ao longo do fin de semana. 

Durante este luns, case toda Galicia, coa excepción da costa da comarca lucense da Mariña, continuará en niveis alto, moi alto ou extremo de risco ante incendios forestais. Ademais, Meteogalicia mantén activada para a tarde un aviso amarelo por altas temperaturas que poderán superar os 36 graos nas zonas do río Miño de Ourense e Pontevedra, así como na comarca de Valdeorras

Extinguido o lume de Porto do Son mentres que o de Ourense xa está...
Comentarios