Extinguidos os incendios de Chandrexa de Queixa e Muíños

As últimas medicións indican que as chamas afectaron a 3 hectáreas dentro do Parque Natural do Xurés
Incendio de Chandrexa. @BrifLaza
photo_camera Incendio de Chandrexa. @BrifLaza

A Consellería do Medio Rural informou de que quedaron extinguidos os dous incendios forestais rexistrados nas últimas horas os municipios ourensáns de Chandrexa de Queixa e Muíños.

No primeiro caso, o lume afectou á parroquia de Requeixo e deuse por extinguido ás 9.43 horas da mañá deste domingo, tras iniciarse o venres ás 16.08 horas.

Este incendio afectou, segundo as últimas medicións, a unha superficie de 50 hectáreas, todas elas de monte raso. 

As tarefas de extinción foron atendidas por 5 axentes, 31 brigadas, 4 motobombas, 3 pas, 13 helicópteros e 3 avións. 

Na parroquia de Requiás, termo municipal de Muíños, o lume quedou extinguido ás 20.37 horas deste sábado, tras comezar ás 16.00 horas.

As últimas medicións indican que as chamas afectaron a 3 hectáreas dentro do Parque Natural do Xurés. Delas, 2,5 foron de monte raso e a media hectárea restante de arboledo.

Para a extinción deste incendio, que rexistrou varios focos simultáneos en Galicia e Portugal, mobilizáronse por parte galega 2 axentes, 8 brigadas, 2 motobombas, 2 helicópteros e 2 avións. Tamén participaron medios lusos nos labores de extinción.