A Facultade de Dereito da USC acolle unha charla sobre o acoso laboral

Terá lugar a partir das 19:00 horas na aula X do centro compostelán

A Facultade de Dereito da USC acollerá este xoves 19 de abril, ás 19:00 horas unha charla sobre o acoso laboral. Os poñentes da mesma serán Carmen Ariza Tejeda, psicóloga sanitaria e do traballo, María Bastida Dominguez, profesora de Direción e Xestión de Recursos Humanos na Facultade de Relacións Laborais da USC, e Pedro Blanco Lobeiras, avogado da asesoría xurídica de UGT. 

Os tres participantes prestarán os seus coñecementos sobre a realidade do acoso laboral coa finalidade de visibilizar e concienciar sobre o alcance desta problemática social. Os puntos principais da xornada xirarán en torno á definición do mobbing; ós recursos cos que contan os traballadores para enfrontarse a unha situación conflitiva no seu ámbito laboral e á necesidade de crear iniciativas de prevención. 

Comentarios