Falece un ciclista mentres circulaba en bicicleta por Nigrán

A pesar dos esforzos dos servizos de urxencia, os efectivos sanitarios tan só puideron confirmar a morte

Un home de 57 anos perdeu a vida esta mañá cando circulaba coa súa bicicleta pola estrada vella do concello pontevedrés de Nigrán, preto da entrada da Praia de Prado.

Segundo informou o 112 Galicia, un particular chamou ás 09.45 horas para solicitar asistencia sanitaria urxente para un ciclista tendido no asfalto.

O persoal do 112 Galicia requiriu a intervención de Urxencias Sanitarios de Galicia-061, que mobilizou un equipo médico ata o lugar, e da Policía Local da localidade, quen trata de aclarar os motivos do suceso, aínda que todo apunta a un infarto. 

Ademais, informou os membros do GES e Protección Civil de Val Miñor. A pesar dos esforzos dos servizos de urxencia, os efectivos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento do ciclista.