Morre un home de 64 anos, veciño das Pontes, nun accidente na AP-9

O vehículo saíuse da vía e obrigou ás autoridades a interromper o tráfico

Tráfico interrompido polo accidente. TVG
photo_camera Tráfico interrompido polo accidente. TVG

O condutor dun turismo, un home de 64 anos, resultou falecido este sábado nun accidente na autoestrada AP-9 ao seu paso pola parroquia compostelá de Marantes, segundo informa o 112. 

Ocorreu pasadas as 11,00 horas deste sábado. Un equipo médico acudiu a bordo do helicóptero con base na capital galega, pero só foi posible certificar a morte da persoa, que entrara en parada cardiorrespiratoria

O falecido é o condutor do vehículo, un home de 64 anos de idade, A.G.F., veciño das Pontes, que viaxaba nun Lancia Delta, segundo precisou a Garda Civil. 

Os labores de asistencia ao condutor obrigaron a interromper o tráfico, á altura do punto quilométrico 58 en sentido sur. Varios efectivos continuaron no lugar até a retirada do coche accidentado

Este operativo completárono axentes da Garda Civil de Tráfico e o persoal do control da autoestrada. 
Dos feitos instrúense dilixencias por parte do equipo de ateigados de tráfico que serán remitidas ao Xulgado da mesma localidade. 

Comentarios