domingo. 25.10.2020 |
El tiempo
domingo. 25.10.2020
El tiempo

Falece o deputado do PPdeG Carlos López Crespo, exalcalde de Outes

Carlos López Crespo. EP
Carlos López Crespo. EP

Tras coñecerse o falecemento sucedéronse as mostras de dor e pésame entre os seus compañeiros no Parlamento

O deputado do PPdeG Carlos López Crespo, que foi alcalde de Outes, na Coruña, entre 1995 e 2016, faleceu aos 69 anos.

Tras coñecerse o falecemento sucedéronse as mostras de dor e pésame entre os seus compañeiros no Parlamento, así como de integrantes do Goberno galego e doutros partidos, a través das redes sociais.

Entre outros, o presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, escribiu en Twitter que se sinte "moi apenado" pola morte deste deputado do seu grupo e traslada o seu pésame á familia, achegados e a todos os veciños de Outes.

Tamén o Grupo Parlamentario do PPdeG comenta que é "un día moi triste para a familia do Partido Popular. Fóisenos un amigo, unha persoa exemplar e un referente da política. D.E.P querido Carlos López Crespo. Nunca te esqueceremos. Un abrazo a toda a súa familia", conclúe.

A vicepresidenta segunda do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, tamén mostrou o seu pésame en redes sociais pola morte do deputado do PPdeG.

Falece o deputado do PPdeG Carlos López Crespo, exalcalde de Outes
Comentarios