Falece esmagado polo camión que reparaba no Porriño

Este é o segundo accidente laboral con resultado mortal que se produce no mesmo polígono industrial en apenas dúas semanas

Un traballador faleceu na tarde deste mércores ao ser esmagado por un camión que estaba a reparar no polígono industrial das Gándaras, en O Porriño.

A pesar dos esforzos dos servizos sanitarios de urxencia desprazados ao momento só puideron confirmar o falecemento desta persoa, informaron fontes do 112 Galicia.

Tamén se mobilizaron os Bombeiros do Baixo Miño, a Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.

Éste é o segundo accidente laboral con resultado mortal que se produce no mesmo polígono industrial en apenas dúas semanas.

O pasado 22 de novembro morreu operario de 57 anos ao envorcar o camión que manexaba nas instalacións da empresa Lear.